domingo, 27 de octubre de 2019
lunes, 21 de octubre de 2019
RECOVECOS
Dentro de min pululan espectros
inquedos. Con imposto interese contemplo o seu atarefado boureo. Denodados
esforzos por levar a bo porto a rodaxe da que eu mesma son protagonista... A
rutina acostumada rómpese con complicacións misteriosas; mais esmorece en min a
consciencia de se maldito é o filme ou acaso sexa eu...
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjdGJP4yVrc57GUT_s_iYN39FUI7C9E_VgzhWzRdULjU86Br-6Cvf3AR5vx-W65s95q_EjltqnqZeuU2CX7JOTR72LWMj-v4V7BZJ0bn1CTHsNwHAHR9E5BK_lMhcwiBV2VKDXuzK-8cZc/s200/MV5BNDYzMmQ1MjMtNGVjNS00MjFlLTljNTktNTk1NzJiZmE2YzZhXkEyXkFqcGdeQXVyNjk0Nzc2MDY%2540._V1_SX1777_CR0%252C0%252C1777%252C950_AL_.jpg)
Un mal soño de amor desbocado.
Pesadelo enfermo que se estende alén do xélido amencer. Ilusións arrasadas na fogueira das vaguidades. E nas súas
brasas aínda mornas cae sen fin a miña alma, condenada sen remisión ó abismo
negro da noite eterna; berrando en silencio e desespero que sempre fun eu; que
sempre serei eu ó outro lado da porta...
Descoñézoo todo... excepto;
porque o coello con augusta gravidade o aseverou, que era vermello... Coma o
sangue que mana do meu ventre perforado; perniciosamente adentado por unha
obtusa ferramenta tristemente ávida de incontrolable e atávica violencia... tanta
sórdida malevolencia!...
Carece todo de senso neste mundo
inverso que me abafa. Non posúe saída este infame labirinto paranoide e
delusorio. Todo xace inerme, enferruxado, ermo...
Ó diaño con todo!... O cabalo ó
pozo!...
filmaffinity
IMDB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)